jueves, 22 de diciembre de 2016

CHARLA CON VERO BOQUETE

Onte tivemos a grandísima sorte de ter a Verónica Boquete no noso instituto. Acompañábana a Secretaria de Igualdade da Xunta e  o Delegado Territorial da Xunta en Lugo.
Foi un pracer escoitala e comprobar que con esforzo e dedicación podemos lograr o que soñamos. Vero é xogadora de fútbol profesional!!! Xa gañou dúas "Champions League".
Tamén nos falou da importancia de educar en igualdade e enviou ao noso alumnado unha mensaxe que non debemos perder de vista: "o mundo é voso, dentro duns aniños seredes vós as nais, os pais, os mestres ... e está nas vosas mans facer que a igualdade sexa unha realidade".


FINALIZA O ANO INTERNACIONAL DOS LEGUMES

Con todas as actividades realizadas, é seguro que todos os alumnos do centro coñecen as excelencias dos legumes e en varias linguas.
Os alumnos de Lingua Castelá de 1º de ESO C teñen o honor de clausurar este ano cos seus contos sobre legumes; parece ser que tiñan fame, "Hambre de cuentos y de legumbres".



ENCONTROS CON AUTORES: RAÚL VACAS

Os alumnos de ESO están a ler un libro de poesía:

O seu autor, Raúl Vacas, visitounos o pasado luns e realizou para eles un taller.








Logo o autor firmou algúns exemplares.
Esta é a súa dedicatoria para todos nós.


Máis información no blog de Lengua y Literatura.

martes, 20 de diciembre de 2016

A Deputación acolle a celebración dun pleno infantil dos alumnos do IES Ánxel Fole de Lugo







A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López, mantivo hoxe un encontro con 50 alumnos e alumnas de 3º de ESO do IES Ánxel Fole de Lugo, que celebraron un pleno infantil que tivo como tema central a conservación da natureza. Esta actividade puxo fin á 3ª Semana Escolar da Provincia, organizada pola Deputación.
Durante a sesión, os nosos alumnos, representaron un pleno no que efectuaron as funcións de presidente, vicepresidente, secretario, grupos políticos e mesmo de público.
 As propostas sobre as que debateron foron tres: 
. A explotación turística do río Rato, 
. A creación dunha partida orzamentaria para a divulgación e conservación dos espazos naturais protexidos,
. A creación dunha zona de interese natural na zona do castro da Piringalla.
Tras a representación do pleno, o alumnado puido coñecer as instalacións do Pazo de San Marcos nunha visita guiada.



jueves, 15 de diciembre de 2016

PREVENCIÓN DA SIDA ("MANNEQUIN CHALLENGE")

O pasado 1 de decembro animámosvos a concienciar aos vosos compañeiros, con "moito arte", sobre a importancia que ten a prevención na loita contra a terrible pandemia da SIDA. 
Moi ben para os alumnos de terceiro e grazas ao Departamento de Orientación pola axuda!
Animádevos os demais!