viernes, 29 de noviembre de 2013

ler por ler

Inauguramos a páxina da pestana con este suxestivo título: "Ler por ler". Levádeo, lédeo, e volvédeo traer. Non fagades como a pequena da foto.

martes, 19 de noviembre de 2013

Para @s que estades sempre na lúa


Polo traballo de Raúl, Nerea, Juan, Alba Mª, Yolanda e Pilar de Vega podemos saber que moitas das cousas que usamos a cotío témolas grazas á investigación espacial. 

lunes, 18 de noviembre de 2013

Posta a punto

Non sei se esta foto debería ir mellor no apartado de NOVIDADES, pero o caso é que na nosa biblioteca están pasando cousas ben raras: onde antes había oscuridade, agora hai VIDA, e non falo só da "vidilla" que lle dan as butacas de cores. Agora hai plantas, con bichos raros, eso sí. Pero xa se sabe que para raros, raros,... NÓS!


.

viernes, 15 de noviembre de 2013

AVISO IMPORTANTE

Desde o 15 ata o 23 a biblioteca acollerá unha exposición moi interesante. 
Non se poderá usar para estudo nin préstamo/devolución de libros.

jueves, 14 de noviembre de 2013

Mundos dentro de ti

Os alumnos de terceiro de ESO B están empeñados en que descubramos o marabilloso mundo dos libros. Fixeron carteis invitando á lectura con frases tan suxestivas coma esta da foto: 


Toma nota.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Benvid@s

Este curso pensamos darlle un aire novo á nosa biblioteca.
Temos feito xa varias cousas : Campaña de animación á lectura , remodelación do espacio destinado a ler, creación dun blog e un club de lectura (ao seu blog podedes acceder premendo na imaxe do pequeno que le   "Á lus do candil").
Contamos coa vosa colaboración para darlle vida a esta iniciativa. Podedes enviar as vosas colaboracións, suxestións, peticións e demais no correo: anxelfolebib@gmail.com.
Moitas grazas.