jueves, 23 de octubre de 2014

Cociñando Contos

O pasado martes os alumnos de 1º da ESO foron ó Museo Provincial para participar nas actividades ofertadas pola Asociación Sociopedagóxica Galega con motivo da V Semana do libro e a lectura.




AMASANDO LIBROS E MAXIA. O mago Martín Camiña traballou cos alumnos habilidades manuais e matemáticas, ademais das capacidades de comunicación na presentación dos efectos máxicos. 











SE OS CONTOS SE PUIDESEN COMER, ACABARÍASE A FAME NO MUNDO.  O Contacontos Celso Fernández Sanmartín fíxonos chegar a unha conclusión: os contos non se poder comer, pero manter, manteñen. 

viernes, 10 de octubre de 2014

PREMIO NOBEL DA PAZ



Unha rapaza paquistaní de credo musulmán, Malala Yousafzai, e un indio de credo hindú, Kailash Satyarthi. compartiron o Premio Nobel deste ano pola súa loita en contra da opresión infantil e a favor do dereito de todos os nenos á educación.
É un galardón que premia a súa coraxe, pois ambos dan "unha mensaxe de esperanza aos xoves", en palabras do presidente do Comité Noruegués do Nobel, Thorbjørn Jagland; pero que resalta que o 60% da poboación do Terceiro Mundo está por debaixo dos 25 anos e que "é un pre-requisito para a paz global e o desenvolvemento que os dereitos dos nenos e dos xoves sexan respectados", explicou durante o anuncio do premio este venres en Oslo. 

PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2014




Nado o 30 de Xullo de 1945 en Boulogne-Billancourt.
As súas novelas, que adoitan ter poucas páxinas pero unha elevada intensidade narrativa e intelectual, representan un relato único e valiente dos peores momentos da Francia do século XX: o réxime neonazi de Vichy e a ocupación do país polos alemás durante a II Guerra Mundial.
A Academia sueca xustificou a concesión do galardón a Modiano “pola súa arte da memoria có que evocou os destinos humanos máis difíciles de retratar e desvelou o mundo da Ocupación”. Moitos acusárono de escribir sempre o mesmo libro, o que para os  seus detractores é un defecto pero para os seus defensores unha bendición.

BENVIDOS A UN NOVO CURSO NA BIBLIOTECA DO ANXEL FOLE!


Decatarédevos de que andamos con certo desorde pola Biblioteca. A razón é que o curso pasado integrámonos no Sistema de Bibliotecas de Galicia, o Programa Meiga, polo que nos vemos obrigados a realizar unha nova organización dos libros. A cambio, cando terminemos o traballo, teredes a posibilidade de acceder aos fondos de todas as bibliotecas do sistema dende calquera lugar con conexión a internet.