domingo, 27 de septiembre de 2015

BENVIDOS Á BIBLIOTECA

A biblioteca do Anxel Fole estase a converter nun espazo acolledor e dinámico. Dende o curso pasado que (por fin!), recuperamos este espazo para o uso que lle corresponde, un grupo de profesores traballamos para catalogar e ordenar os fondos bibliográficos, animar á lectura e coordinar actividades para todo o centro.
En recoñecemento ao traballo realizado e ao proxecto para o presente curso fomos incluídos no PLAMBE; o que nos permtirá comprar material e actualizar os fondos bibliográficos.
Lembrámosvos que, ademáis de libros (entre eles os de LECTURA OBRIGATORIA), dispoñemos dunha SECCIÓN DE XOGOS e dunha zona con ORDENADORES con conexión a internet.
Xa estamos listos, un ano máis, para investigar, vivir aventuras, soñar, sorprendermos, compartir experiencias con amigos, profesores e compañeiros.... Dámosvos a benvida e invitámosvos a acompañarmos nesta que é a vosa BIBLIOTECA!