miércoles, 4 de febrero de 2015

CLUB DE LECTURA: "OS LIBROS E OS SEUS AUTORES".

No Club de Lectura " A Lus do Candil" o libro deste segundo trimestre foi "O Agasallo de Anya". O pasado 23 de xaneiro, os alumnos de 1º de ESO participantes, gozaron dun encontro coa autora do libro Sabela Núñez Singala. 
Máis información en: http://oagasallodeanya.blogspot.com.es/

lunes, 2 de febrero de 2015

"TODOS XUNTOS CONSTRUINDO A PAZ". XANEIRO DE 2015.

A celebración do Día Mundial da Paz está recoñecida pola ONU dende 1993. Nesa data conmemórase a morte de Mahatma Gandhi, lider nacional e espritual da India, asasinado a tiros en 1948 por un integrista hindú.

O Día Escolar da Non-violencia e a Paz (DENIP) foi declarado por primeira vez en 1964. Xurde dunha iniciativa pioneira, non gubernamental, independente, e voluntaria de Educación Non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. É un día para que centros educativos se conviertan en instrumentos de paz e entendimiento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.