sábado, 27 de febrero de 2016

VOLUNTARIOS EN ACCIÓN

Este curso contamos con 8 Voluntarios de Biblioteca. Están a axudar na organización dos libros, nos préstamos e tamén a realizar actividades de animación á lectura e conmemoracións. 

miércoles, 24 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA

Temos presente a Rosalía de Castro sempre. 
Hoxe traemos un poema cantado por Amancio Prada.
Lembrade que na Biblioteca podedes ler este poema e moitos máis.


Velaí tedes unha invitación para asistir á Exposición que se celebra estes días no
Pazo de San Marcos.


domingo, 21 de febrero de 2016

SAÍMOS NA PRENSA

No diario "O Progreso" de hoxe aparece unha reportaxe sobre a ACTIVIDADE DE XADREZ que se celebrou na Festa de Entroido no noso instituto. Durante dúas horas case cen alumnos estiveron moi, pero que moi concentrados. 
Esperamos que moitos deles atopen no xadrez unha interesante maneira de empregar o seu tempo de ocio.
Por descontado, agradecemos a inestimable colaboración da Asociación Cultural Xaquedrum, da Escola Luguesa de Xadrez, do Concello de Lugo e do Xornal O Progreso.

viernes, 19 de febrero de 2016

Érase unha vez, unha axenda escolar ....

..... moi especial. Realizouna a profesora Felisa Redondo cós seus alumnos de 4º de Eso, e foi patrocinada pola Deputación de Lugo.

 Como non, está especialmente dedicada ao poeta que da nome ao noso centro. 






O día 18 tivo lugar a súa presentación no Salón de Actos do Instituto coa asistencia de Felisa Redondo e Xosé Manuel Castro Castedo (por parte do centro), o representante da Deputación, e o poeta Claudio Rodríguez Fer cunha charla titulada: "Encontro con Ánxel Fole: un vello e un rapaz".  

Con este video iniciouse a presentación:


Esperemos que, ademais de gozar dela, vos axude a chegar a un final de curso feliz e venturoso!



jueves, 11 de febrero de 2016

sábado, 6 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016

Este Entroido, temos programadas moitas actividades;  todas elas inspiradas no libro de "Alicia no País das Marabillas". Como xa sabedes, este curso a Biblioteca conmemora o 150 aniversario da súa publicación.
Gozade do Entroido!













Logo dunha animada deliberación a decisión do Xurado do Concurso de Disfraces  é a que segue:

INDIVIDUAL:  

1º PREMIO: "Sombreireiro Louco" 2º ESO C 

2º PREMIO: "Colexiala" 1º ESO C

PARELLAS:

1º PREMIO: "Alicias" 1º ESO C

2º PREMIO: "Mario e Luigi" 1ª ESO C

COMPARSAS:

1º PREMIO: "As Rokeiras"

2º PREMIO: "Mimos" de 1º D

Os premios son unha sorpresa que recolleredes á volta do Entroido.
Parabéns a todos os premiados! 

viernes, 5 de febrero de 2016

PRIMEIRO PREMIO NO XXI CERTAME DE RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO PARA UNHA ALUMNA DO ÁNXEL FOLE




Andrea Estrella Arias Díaz, alumna de 1º de BAC foi galardoada có 1º PREMIO da súa categoría (15-18 anos) no XXI CERTAME DE CONTOS E RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO. 

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Eucación, Manuel Núñez, entregaron o pasado mércores no Salón de Plenos os premios. Andrea recibiu un Diploma, un lote de libros e un premio valorado en 250 euros.

LE O RELATO PREMIADO: "Tras tanta choiva".

Todos os profesores estamos moi orgullosos do teu éxito. Parabéns Andrea!

martes, 2 de febrero de 2016

I CONCURSO SAN VALENTÍN : "Declaraciones de amor"

El Departamento de Lengua Castellana convoca el primer Concurso con motivo de San Valentín. Las bases están en el tablón situado a la entrada de la biblioteca. En las cuestiones del amor es importante elegir bien las palabras. empezad a practicar!