martes, 29 de marzo de 2016

DIA MUNDIAL DA AUGA. "A AUGA E O EMPREGO"

Como cada ano, celebramos o Día Muncial da Auga. Nesta ocasión baixo o lema "A Auga e o Emprego". 
A auga é un elemento esencial da vida. Pero é maís que esencial para calmar a sede ou a protección da saúde; a auga é vital para a creación de postos de traballo e apoiar o desenvolvemento económico, social e humano.

http://www.un.org/es/events/waterday/

http://www.fundacionaquae.org/wiki/dia-mundial-del-agua-2016

Aí tedes o video que realizaron os nosos alumnos con Beny, a profesora de música, a finais do curso pasado. A edición do video foi realizada pola Fundación TIC


lunes, 7 de marzo de 2016

“Un planeta 50-50: Deamos o paso pola igualdade de xénero”

Ao longo da Historia foron moitas as mulleres pioneiras que deixaron a súa pegada, malia vivir nun mundo que, como pouco, as ignoraba. Pasiño a pasiño conseguimos sentarnos nas aulas universitarias, exercer o dereito a voto, decidir os nosos destinos.. , compartir cós homes ese 50% da vida que por dereito propio nos corresponde.  
As mulleres temos o deber de, coñecendo e recoñecendo os méritos das que nos precederon, tomalas como exemplo e inspiración. A todas elas! 
Un enlace para inspirarse: 
PEGADAS DAS MULLERES NA HISTORIA
Pero non temos que ir moi lonxe, nin no tempo nin no espazo, para achegarnos a algunhas delas. Quen non coñece ás nosas escritoras: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal? Todas elas perviven na nosa Biblioteca. Achegádevos a coñecelas!


Nos corredores do instituto temos unha mostra patrocinada pola Secretaría Xeral de Igualdade na que varios artistas plasman as súas ideas sobre o tema.


Aqui tedes a visión sobre mulleres que deixaron a súa pegada de un grupo de alumnas do instituto. 


Rapaces e rapazas, que reflexionedes moito no día da muller traballadora!

viernes, 4 de marzo de 2016

POSTALES DE SAN VALENTÍN




 VAIA SORPRESA! : os alumnos de 1º de Eso de Programación fixeron unhas postales para S. Valentín! Algunha merece premio. Estade atentos!

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

PARABÉNS AOS GAÑADORES!




jueves, 3 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA 2016

Que se pode facer cun xornal? 

1. Podes crear un: 


2. Pódelo ler,  para estar informado 



3. Cando o teñas lido, pódelo reciclar no colector de papel ou darlle outra vida facendo figuriñas de ORIGAMI.