lunes, 7 de marzo de 2016

“Un planeta 50-50: Deamos o paso pola igualdade de xénero”

Ao longo da Historia foron moitas as mulleres pioneiras que deixaron a súa pegada, malia vivir nun mundo que, como pouco, as ignoraba. Pasiño a pasiño conseguimos sentarnos nas aulas universitarias, exercer o dereito a voto, decidir os nosos destinos.. , compartir cós homes ese 50% da vida que por dereito propio nos corresponde.  
As mulleres temos o deber de, coñecendo e recoñecendo os méritos das que nos precederon, tomalas como exemplo e inspiración. A todas elas! 
Un enlace para inspirarse: 
PEGADAS DAS MULLERES NA HISTORIA
Pero non temos que ir moi lonxe, nin no tempo nin no espazo, para achegarnos a algunhas delas. Quen non coñece ás nosas escritoras: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal? Todas elas perviven na nosa Biblioteca. Achegádevos a coñecelas!


Nos corredores do instituto temos unha mostra patrocinada pola Secretaría Xeral de Igualdade na que varios artistas plasman as súas ideas sobre o tema.


Aqui tedes a visión sobre mulleres que deixaron a súa pegada de un grupo de alumnas do instituto. 


Rapaces e rapazas, que reflexionedes moito no día da muller traballadora!

No hay comentarios:

Publicar un comentario