miércoles, 20 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO NO ÁNXEL FOLE: INAUGURAMOS "LECTAURANTE"!!!

Cavilando e cavilando, chegamos á conclusión de que toda Biblioteca que se prece debe ter un bo "Lectaurante" para alimentar os espíritos de todos os que se acheguen a ela.
O "Día do Libro" é unha boa ocasión para inauguralo. Facémolo cun menú especial dedicado a conmemorar o Ano Cervantes, coa colaboración de todos os profesores do centro e a participación de todos os alumnos.
Pode que non teña moito xeito, pero comezamos o menú pola sobremesa (cousas da cociña!). Dúas exposicións para perder o gusto. En "Quixotes de aquí e de acolá" hai Quixotes antigos e modernos, ilustrados e sen ilustrar, edicións escolares, cómics .... Unha ledicia! Non deixedes de visitala. Se tedes sorte recibiredes unha explicación por parte de Gustavo que leva toda a vida atesourando estas xoias e agora as comparte con todos nos. Gustavo, grazas mil!


A outra é unha preciosa "Exposición de Marcapáxinas" de distintas editoriais con información da súa historia . Pertencen a colección de Justa e Marisa. Grazas a elas tamén por compartilas con todos nós. Se tedes marcapáxinas podédelos expoñer nun taboleiro que dispuxeron con tal fin. Animádevos!  


O "Aperitivo" servirase, á primeira hora do luns. Alumnos, caracterizados de Cervantes, irromperán en cada aula có seu "Quixote", presentaranse  e iniciarán a lectura do mesmo. Previamente recollerán na Biblioteca as golas e os libros. Xa están preparados!


O "Prato principal" comezará a servirse a continuación. Os alumnos baixarán por cursos e realizarase unha lectura continuada en distintos idiomas (galego, castelá, vasco, portugués, árabe, chinés, romanés, inglés e francés). Todas esas linguas son faladas por alumnos do noso centro. 

O "comedor" está instalado na entrada do instituto, na antesala da Biblioteca e decorado para a ocasión con murais realizados polo profesor de Plástica Luís Fernández Vila e os seus alumnos. Todos quereredes ler neste escenario!



Velaí as imaxes que tomamos desta actividade. Xa vedes: Cervantes está moi, pero que moi vivo!






martes, 12 de abril de 2016

ANO CERVANTES

Coincidindo có catrocentos aniversario da morte de Miguel de Cervantes en 2016, a Biblioteca Nacional de España dedica unha gran exposición ao autor de 'O Quixote'. A mostra 'Miguel de Cervantes: da vida ao mito (1616-2016)' reúne na Sala Recoletos da BNE o que pretende ser o máis importante conxunto de pezas relacionadas coa súa vida, contando có rico fondo cervantino da propia BNE (o máis importante dos conservados en calquera institución pública do mundo), e con préstamos de numerosas institucións.



IV CENTENARIO DA MORTE DE CERVANTES

Pronto faremos honores ao Quixote e ao seu autor. O Dia do Libro está a chegar!
Se alguén o necesita ahí queda un enlace interactivo de "Don Quixote" en castelá e outro enlace para buscar o Quixote en moitos idiomas:

http://quijote.bne.es/libro.html?pagina=1-000
http://www.cervantes.es/quijote/catalogo.htm

E versións resumidas:
http://dgb.conaculta.gob.mx/coleccion_sep/libro_pdf/32000000048.pdf

file:///C:/Users/Usuario/Downloads/quijote_facil_lectura.pdf
A revista Muy Interesante dedica un número especial a Cervantes. Tamén podédelo ler na nosa Biblioteca.