martes, 27 de septiembre de 2016

BENVIDA A UN NOVO CURSO

A Biblioteca do Ánxel Fole da a toda a comunidade escolar a benvida a este novo curso. Comezamos coas pilas cargadas a tope de tanta enerxía solar absorbida durante o verán, ávidos de realizar actividades e gozar dos libros e a grata compañía de alumnos e profesores. 

Houbo moito ambiente estes días de atrás polos corredores: oíase falar en castelá, galego, inglés e ... ata italiano! E, é que a semana pasada devolvéronos a visita os 10 alumnos dun instituto de Catania, cos que a profesoras de inglés, Blanca e Paz, organizaron un intercambio. Prepararon para eles visitas turísticas e actividades escolares coa colaboración doutros profesores e a propia biblioteca.

Fóronse moi ledos e con ganas de voltar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario