domingo, 27 de noviembre de 2016

25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Estas biografías de mulleres que destacaron en eidos tan diferentes como a Ciencia, as Artes, a Costura están a vosa disposición na Biblioteca, no "andel de novidades". A lectura inspira!

miércoles, 9 de noviembre de 2016

CELEBRANDO O MES DA CIENCIA EN GALEGO

Aquí están as actividades que iremos realizando durante este mes para conmemorar o Mes da Ciencia en Galego.







Como remate ás actividades do Mes da Ciencia en Galego, Manuel Díaz Regueiro (Presidente de Igaciencia) deu unha charla aos nosos alumnos sobre os legumes e a Xenética. Inés Ben (Secretaria de Igaciencia) realizou un taller sobre realidade aumentada e realidade virtual. 
Finalmente tivemos un conferenciante de luxo:  o Profesor Francisco  Díaz-Fierros Viqueira, membro da Real Academia de Ciencias de Galicia e do Consello da Cultura Galega. Coa conferencia: "O devir científico de Cruz Gallástegui e a súa conexion luguesa", deunos a coñecer aspectos moi interesantes e pouco coñecidos do científico, recoñecido como o introdutor en Galicia da xenética vexetal.
Moitísimas grazas a todos eles!









jueves, 3 de noviembre de 2016

A NOSA BIBLIOTECA

Pouco a pouco imos organizando a nosa biblioteca. Continuamos có expurgo e recatalogando os libros segundo a CDU (Catalogación Decimal Universal). Mirade como vai quedando!
Como estamos no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) poderemos invertir en equipamento e conseguir unha biblioteca cada vez máis funcional. Lembrade que dispoñemos de varios exemplares dos libros de lectura obrigatoria e (como non!) estamos ao día coas últimas novidades editoriais que teñen o seu lugar destacado.


martes, 1 de noviembre de 2016

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.


Como cada ano celebramos durante este mes actividades de Ciencia en Galego na nosa biblioteca. Nos próximos días daremos conta delas.
A Arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, Premio de Ciencia "María Josefa Wonenburger" 2015, foi a científica convidada para a elaboración do "Manifiesto" deste ano.



No seguinte díptico infórmase das distintas actividades que teñen lugar en toda a comunidade galega. Prestade especial atención ás que se celebran en Lugo:




2016, ANO INTERNACIONAL DOS LEGUMES