martes, 25 de octubre de 2016

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2016

A Asociación Internacional de Bibliotecarios Escolares (Internacional Association of SchoolLibrarianship, IA SL), iniciou no ano 1999 a convocatoria do Día Internacional da Biblioteca Escolar, no cuarto luns do mes de outubro de cada ano, có fin de sensibilizar á sociedade sobre a importancia da biblioteca escolar como recurso fundamental no proceso de ensino-aprendizaxe e impulsar a súa presencia na institución escolar.
Por outra parte, na Comunidade Autónoma de Galicia ,desde 1997, cada 24 de octubre se conmemora o Día da Biblioteca, unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, en lembranza da destrucción da Biblioteca de Saraxevo incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns. Esta conmemoración naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.

A nosa intención é converter o Ánxel Fole en Territorio das Artes, lema elixido este ano para as Bibliotecas Escolares de Galicia

Velaí as actividades propostas para comezar













Taller inspirado na importancia dos cafés na creación literaria. Nel os alumnos realizaron cadanseu servilleteiro literario co que decoraron a bilbioteca. Así lucen:





viernes, 21 de octubre de 2016

PRESENTACIÓN DA AXENDA ESCOLAR

"Amo, mais non teño amo."(Carmen Blanco)



Como xa ven sendo costume, pero non por iso menos esperada, tivo lugar a presentación da Axenda Escolar realizada por algúns alumnos baixo a dirección da profesora Felisa Redondo. Ao acto de presentación acudiron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e a escritora, investigadora e profesora universitaria lucense, Carmen Blanco García. O evento foi recollido en distintos medios de comunicación



jueves, 13 de octubre de 2016

PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2016



Por primeira vez na historia, a obra dun Premio Nobel de Literatura non se le, escoítase.

A academia sueca otorga o galardón ao músico Bob Dylan por "crear unha nova expresión poética dentro da gran tradición americana dentro da canción"
Ler a información na web oficial 
Selección de cancións
http://www.goddylan.com/

"Blowing in the wind" é unha das cancións máis emblemáticas.










domingo, 2 de octubre de 2016

LIBROS DE LECTURA OBRIGATORIA






Xa dispoñemos de exemplares de todos os libros de lectura obrigatoria. Lembrade que só se prestan 15 días e non se poden renovar.