miércoles, 8 de febrero de 2017

"CONXURO CELESTINESCO"

8 de Febreiro:
Polo centro andan uns xograres dando publicidade a un bando sobre feitizos amorosos dunha tal Celestina. Esperamos a súa presenza para o día 14 (San Valentín). O luns recolleremos os vosos desexos amorosos.  Andade atentos!
As profesoras de Lingua Castelá: Felisa, Ángeles e Chus, foron as encargadas de organizar esta actividade.






Pois o día 13 de febreiro, houbo cola para depositar os sobres cos desexos amorosos. 



Hoxe, Día de San Valentín, Celestina (Naíra Illán) escenificou o tan esperado Conxuro.


A última hora da mañá, uns servidores de Celestina entregaron os sobres aos seus destinatarios. 
Termina así esta interesante actividade de animación á lectura organizada polo Departamento de Lingua Castelá.

Só falta preguntar aos interesados se deu resultado o Conxuro...


jueves, 2 de febrero de 2017

XVII MOSTRA DE TEATRO CLÁSICO





Hoxe recibimos a visita de Laurencia e Venancio (LUCECÚS TEATRO). Fixéronos rir sen parar coa súa presentación da Mostra de Teatro Clásico de Lugo
É unha cita que non vos podedes perder!
Mañá mesmo, acudiremos cos alumnos de ESO á obra en inglés "Canterbury Tales".