viernes, 31 de marzo de 2017

"ROMPAMOS BARREIRAS POLO AUTISMO"


«Neste Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, axudemos todos a cambiar as actitudes cara as persoas con autismo e a recoñecer os seus dereitos como cidadáns, que, ao igual que todos os demais, ten dereito a reivindicar eses dereitos e a tomar decisións sobre a súa vida de acordo aos seus propios desexos e preferencias.»
Mensaxe do Secretario Xeneral, António Guterres con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, 2 de abril de 2017
















Para facerte unha idea de como percibe o mundo unha persoa autista, recomendámosche:
A. Un corto feito por un neno con Asperger que describe a viaxe ao autismo:
B. Un libro que podes coller emprestado na nosa biblioteca:
O protagonista, Christopher Boone, aos seus quince anos, coñece as capitais de todos os países do mundo, pode explicar a teoría da relatividade e recitar os números primos ata o 7.507 pero cústalle relacionarense cos outros seres humanos.Gústanlle as listas, os esquemas e a verdade, pero odia o amarelo, o marrón e o contacto físico. Malia non ido só máis aló da tenda da esquina, a noite que o can da veciña aparece morto, Christopher decide iniciar a busca do culpable.
C.  BLOG AUTISMO
Ademáis das actividades que algunhas profesoras están preparando para realizar o luns, das que daremos conta, a propia páxina do "Día mundial do autismo" propón as seguintes:
1. Difunde o día: Pon a imaxe da campaña no teu perfil de Facebook, Watsapp ..
2. Realiza un xesto: Unha foto/selfie polo autismo (coa imaxe da campaña de fondo) ou un vídeo. Súbeos ás túas redes sociais có hashtag #DiaMundialAutismo, ou envíaas por Watsapp ao 628 795 794 para seren publicadas na páxina http://diamundialautismo.com/
3. Firma o manifesto en  http://diamundialautismo.com/firma-el-manifiesto


"DÍA DAS ARTES GALEGAS"

O 1 de abril de 2017, Día das Artes Galegas, dedícase á pintora de Viveiro Maruja Mallo (1902-1995). pola importancia da súa obra no Surrealismo español e polo seu contacto e influencia sobre artistas e intelectuais, como Salvador Dalí, Federico García Lorca, José Ortega y Gasset, María Zambrano, Rafael Alberti e Pablo Neruda. 
O Ánxel Fole sumarase á iniciativa proposta pola Deputación de Lugo para homenaxear a esta muller singular.
Deixamos un interesante video para achegarvos a súa vida e obra.

lunes, 27 de marzo de 2017

CONCURSOS "LETRAS GALEGAS 2017"


O Departamento de Lingua Galega e o EDL, en colaboración coa Biblioteca, convocan dous concursos para conmemorar o Día das Letras Galegas.  O prazo remata o 19 de maio. Afiade as plumas, aguzade o inxenio e a  participar!





viernes, 24 de marzo de 2017

DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE




O día 21 de marzo celébrouse o "Día Mundial da Árbore" e o "Día Mundial da Poesía". 
No espazo Abalar acaban de publicar un taller literario realizado por Felisa Redondo con alumnos de 3ª de ESO para conmemorar ambas efemérides: TALLER LITERARIO: "Quienes los árboles cantan"


lunes, 20 de marzo de 2017

ALUMNOS DE 1º DE BAC VISITAN CATANIA

Os alumnos de 1º de BAC de intercambio acaban de regresar de Catania. Tiveron tempo para practicar ciencia no laboratorio, facer turismo, vida social e visitar o famoso Etna, o volcán máis grande e activo de Europa. En setembro os alumnos sicialianos devolverános a visita. 

domingo, 19 de marzo de 2017

CONVOCATORIA DE CONCURSOS

Seguindo coa tradición iniciada o curso pasado, con motivo da "Semana da Prensa" convocamos o Concurso para a portada da Revista Escolar "A Jillotina". Esperamos que a calidade dos traballos estea na liña dos do ano pasado.



Por outra parte, o Departamento de Lingua Castelá convoca o II CERTAMEN LITERARIO "EMILIA PARDO BAZÁN"



miércoles, 8 de marzo de 2017

ENCONTROS CON AUTORES


Encontro coa autora de "La canción de Shao Li", Marisol Ortiz de Zárate: unha experiencia deliciosa, a autora agasallounos cunha historia e mantivo un coloquio co alumnado sobre a súa obra. Marisol foi moi xenerosa coas respostas e comentarios, deixounos entrar na súa intimidade familiar, levounos de viaxe ao frío e escuro Londres do outono e compartiu con nós as súas inquedanzas e opinións.
Foi moi interesante para o noso alumnado de 2º de ESO ter a portunidade de charlar coa escritora da novela que acababan de ler, unha actividade de luxo. Moitas grazas á autora e tamén aos seus lectores e lectoras.


FOTOGRAFÍA E TEXTO: María Jesús Gil Castro

martes, 7 de marzo de 2017

"8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Con motivo desta conmemoración, trataremos de que todos os alumnos e alumnas do instituto, participando nalgunha das actividades propostas, tomen conciencia da importancia de construir entre todos  un mundo onde reine a igualdade para estas dúas metades do mundo, que somos homes e mulleres.
Moitas das actividades están integradas no Proxecto "Antídotos contra a violencia de xénero", do Programa "Por 365 días de respecto e igualdade" do Plan Proxecta 2016. Este proxecto, no que participaron varios profesores do centro estivo coordinado pola profesora Felisa Redondo.
Nesta ocasión dan a coñecer e  comparten con todos os alumnos e profesores o seu interesante traballo. 




Concurso "Mulleres nas nosas rúas"

Este video de Felisa Redondo recolle algúns momentos da Charla de Andrea Estrella Arias. Os alumnos de 4º de eso (e nós, os profesores) asistimos moi interesados. 
O libro de Simone de Beauvoir "O segundo sexo", é un dos libros que recomendamos dende a biblioteca nestes días.










"ASPIVIDA" 
(o antídoto contra a violencia de xénero)












A seguinte actividade tivo como finalidade dar a coñecer  e poñer en valor a importancia do traballo da muller que adoita ser invisible








A exposición "A imaxe da muller a través da Arte", foi coordinada pola profesora Ángeles Casado.




lunes, 6 de marzo de 2017

ESTA VEZ O PREMIO É PARA UN MÚSICO

Ben contentos estamos no instituto con tanto premio artístico. Agora vai de música. Parabéns a  Rubén Alcalá Argüelles, alumno de 2º de Bac, que 
acaba de ser seleccionado en "Gana con tu voz" para defender o título de ‘Mejor voz’ a nivel nacional o próximo 3 de xuño en Madrid. Haberá unha Gran Final na que competirá pola gravación dun single có prestixioso produtor musical Tony Sánchez Ohlsson. Moita sorte!




jueves, 2 de marzo de 2017

"ENTROIDO DAS BELAS ARTES"


Este entroido esta dedicado ao lema deste ano para as Bibliotecas Escolares: "ENTROIDO DAS BELAS ARTES". Ser, din que son, sete; pero decidimos darlle ese título tamén ao Arte da Maxia, aproveitando o espectáculo, "Por Arte de Maxia", que ofreceunos en exclusiva o MAGO NACHO SAMENA. Grazas Ignacio! O público, xa viches, moi entregado!