jueves, 27 de abril de 2017

VIDA, VIDA, VIDA ...

Rubén Riós falounos de "Vida" e de "Máis ca Vida", unha curta e un documental que debería ver todo o mundo... un proxecto que demostra que cos medios e a formación adaptados ás nosas capacidades podemos facer o que queiramos.
Texto e Fotografía: María Jesús Gil 
(Coordinadora do Proxecto de Aulas Inclusivas e Igualitarias dentro do que se enmarca esta actividade).


martes, 18 de abril de 2017

"DÍA DO LIBRO 2017"

Por esta época de primavera, as nosas almas están tremendamente necesitadas de alimento. Nada mellor para satisfacelas que este "Menú especial do Día do Libro" do noso "Lectaurante"; este ano con moita poesía. Lembramos sempre a Cervantes, pero tamén a Gloria Fuertes e Eduardo Pondal (dos que se cumpren 100 anos do seu nacemento) e a Miguel Hernández (cando se cumpren 75 anos da súa morte na cadea).









 

"Bos días, Maruja: 12 estampas dunha pintora"





Como contabamos hai uns días, o noso centro súmase as actividades propostas pola Deputación para homenaxear á pintora de Viveiro Maruja Mallo, con motivo do Día das Artes Galegas. 
Coa visita, este martes, da Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e o reparto aos alumnos do libro "Bos días, Maruja: 12 estampas dunha pintora", comezamos unha serie de actividades das que daremos conta.

.... E aí está o noso vídeo: 

lunes, 3 de abril de 2017

"TINGUIDOS DE AZUL POLO AUTISMO"

As profesoras Chus, Mar e Belén, organizaron actividades con alumnos de 1º e 2º de eso para tinguir de azul o noso centro, dotar de pegatinas a alumnos, profesores e persoal non docente e crear un ambiente no que todos os alumnos se sintan incluídos.
A Biblioteca e os Voluntarios de Biblioteca colaboraron nas tarefas.