jueves, 25 de mayo de 2017

FORA DE CONCURSO (LETRAS GALEGAS)

Este vídeo realizado por Ignacio Sampayo de 3º de ESO é sobre Celso Emilio Ferreiro. Malia non axustarse ás bases do concurso paga moito a pena velo.

Tamén é interesante estoutro, realizado polo alumnado de 1º e 2º ESO coas profesoras de Lingua Galega e a colaboración do  Departamento de Orientación.

FINALISTAS DO "CONCURSO DE VÍDEOS " (LETRAS GALEGAS)

Estes son os finalistas (polo momento anónimos) do Concurso de Vídeos convocado con motivo das Letras Galegas.





viernes, 19 de mayo de 2017

SEGUIMOS COAS "LETRAS GALEGAS"

Aquí están os retratos prometidos. Realizados por Luís Valentín Fernández Vila a todos os escritores aos que se dedicou o Día das Letra Galegas desde 2010 e tamén o realizado a Ánxel Fole (Letras Galegas 1997) que da nome ao noso centro. 
Grazas! Cristina Carballo Gómez, pola realización do seguinte vídeo. 




O anterior vídeo e as seguintes presentacións foron realizadas por alumnas de galego de Carmen Millares:




martes, 16 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Xa está case a punto o retrato de Carlos Casares, realizado polo profesor do centro Luís Valentín Fernández Vila.
Luís Valentín, ven a realizar os retratos de todos os homenaxeados no Día das Letras Galegas desde 2010. Grazas a el, temos xa unha pequena pinacoteca que constitúe un sinal de identidade do noso centro. 
Nos próximos días daremos a coñecer todas as súas obras.



Para celebrar estas datas, o alumno Daniel Barreiro, realizou unha entrevista a Armando Requeixo, ensaísta e crítico literario especialista nas obras de Carlos Casares e Ánxel Fole. 
Os profesores Felisa Redondo e Xosé Manuel Castro Castedo concebiron a idea a partir do libro "Conversas con Ánxel Fole" de Carlos Casares. Os libros inspiran!
No progreso de hoxe dan conta de ámbolos eventos.






Coma sempre, expoñemos e recomendamos libros axeitados á ocasión.





EXPOSICIÓN DE MARCADORES DE PÁXINA:


jueves, 11 de mayo de 2017

PREMIO CERVANTES 2016: EDUARDO MENDOZA

Tedes que coñecer ao último galardoado có Premio Cervantes. 
Achegádevos a súa vida e obra da man de Héctor Núñez e coñecede as obras que podedes coller emprestadas na nosa biblioteca.



jueves, 4 de mayo de 2017

CORRELINGUA: "EN GALEGO SEN CANCELAS"



Hoxe tivo lugar en Lugo o "Correlingua", actividade escolar reivindicadora da lingua galega,

coa participación de 1.200 estudantes . Aí estaban algúns dos nosos alumnos en representación

do centro portando unha bonita - e moi traballada- pancarta.

miércoles, 3 de mayo de 2017

NOVA PUBLICACIÓN

Velaquí a publicación do interesante traballo coordinado por Felisa Redondo enmarcado no Plan Proxecta: "365 Días polo Respecto e a Igualdade"