lunes, 12 de junio de 2017

GAÑADORES DO CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS







A CONTINUACIÓN OS TEXTOS GAÑADORES:


HUMANIDADE
Ano 2099, xa pasaron cinco anos desde a aparición do virus que case extermina a humanidade, excepto a min, a última persoa na terra.

Desde hai dous anos xa non queda ninguén, as rúas están baleiras, sen vida, o son do silencio destruiría os meus oídos de non ser polo meu reprodutor mp3, escoitando todos os días a banda sonora da miña nova vida, sen ninguén, excepto a miña sombra, a única compañeira que me queda neste novo mundo.

Todos os días aquí en New York vago pola cidade, visito algún supermercado e collo toda a comida que necesito pero que non me enche, xa que agora teño sempre un buraco no estómago, debido á soedade que me persegue e non descansa, día tras noite, noite tras día...Coa ausencia de cousas que facer teño tempo para pensar e pensar, e de tanto pensar cismei en que se Deus existise, é posible que fose tan caprichoso como para só deixar vivir, de tantos millóns de persoas sobre a terra, sen falar dos animais, a un adolescente antisociable con problemas de moral? Aínda que agora tampouco está o mundo para que me faga poeta...

Todas as noites durmo sen ganas de espertar para seguir vivindo felizmente nos meus soños nunha cidade con humanos despreciables, onde os edificios non están destruídos con musgo e enredadeiras medrando ao redor, sen estradas fendidas que xa parecen pastos, onde os rañaceos inundan a paisaxe e centos de coches circulan contaminando a atmosfera. Chamádeme hipócrita si, pero que pensariades se estivésedes sós fronte ao mundo, fronte a unha tempestade que non pasa, que segue aí para verte sufrir pola ausencia de xente que che poida axudar?

Antes do virus tíñao case todo: videoxogos, ordenadores, xoguetes...pero non amigos. Sentábame todos os días no banco do parque da beira da miña gran casa, a evadirme da realidade, das persoas, da humanidade, para sentirme só, que era o único que quería, pensando para os meus adentros: a humanidade é retrasada e non tén cura, que se lle vai facer!. Agora é á vez igual e diferente, agora podería ter o que quixese, pero non acho a ninguén con quen compartilo como antes. Agora, con todo, non busco a soedade naquel sucio e roto banco do parque, o que me queda da miña outra vida, senón que me sento a pensar que xogo co meu pai á pelota ou falo coa miña nai,
cousas que se non se dese a ocasión pareceríanme imposibles xa que a partir dos doce anos empezaron a non entenderme. Era un gran estudante pero un becho raro, non me trataban mal nin moito menos pero cada vez máis me afastaba deles, dábanme todo o que quería e eu amábaos, pero eu non sabía que facer aínda que...que máis dará agora?

Ben, chegados a este punto, preguntarédesvos por que escribo isto, talvez por moitos motivos, pola ansiedade de facer algo, por intentar expresar para min os meus sentimentos nunha carta autocrítica, pero principalmente pola esperanza, esperanza para vivir, esperanza para sobrevivir, esperanza de que nalgún sitio haxa alguén que me ache, esperanza de que me axude a saír da miña vida actual, esperanza de que alguén me axude a crear un novo destino, esperanza a que queden uns humanos que que creen unha nova humanidade?
Antón Calviño López, 1º ESO A

NO SOUTO DA PEREIRA


Esta lenda contoulla o avó de Pedro a Pedro no prado, xunto a unha pereira.

-Sabes que, Pedro? -díxolle o avó.
-Que?- respondeu Pedro.
-Esta árbore centenaria dá sorte -díxolle o avó.
-Como é iso? -preguntou Pedro.
-Segundo me dixeron, tés que adormecer baixo dela e pensar no que queiras- afirmou o avó.

Os dous durmíronse e metéronse nun sono profundo e soñaron co país dos avós e dos netos.

-Que é isto? - preguntou Pedro.
-Non o.... -comezou a dicir o avó.
-Isto é o país dos avós e os netos -dixo un robot- sen deixarlle rematar de falar ó avó.
-E ti quen es? -preguntou Pedro.
-Son o encargado deste país e chámome Agustín, queredes xogar a algo? -dixo o robot.
-Siii...-responderon o avó e o neto ó unísono.
-A ver, que se vos dá ben? -preguntou Agustín.
-A min xogar ó fútbol -afirmou Pedro.
-E a min, contar lendas -dixo o avó .
-Vale, a min ao pilla-pilla -dixo o robot Agustín.
-Imos facer unha mestura, a ver... Ah! Xa sei! Xogamos ó pilla-pilla cunha pelota de balón-pé, e o que perda ten que contar unha lenda, vale? -propuxo o robot.
-Vale! -afirmaron os Pedros -porque o avó tamén se chamaba Pedro-

Pero en canto ían empezar a xogar, a Pedro comezáronlle a desaparecer as mans.

-Qué pasa? -preguntou.
-Estades espertando...Rápido! Pedide un desexo! -ordenou o robot.
-Un coche teledirixido grande! -pediu Pedro.
-Unha cadeira de brazos nova! -exclamou o avó.
-Adeus! -gritou o robot despedíndose ca man.

Deseguido, espertaron e marcharon para a casa coa vaca Branquiña e o can Marco. Fora unha tarde e un soño inesquecible para Pedro, que non quería acordar porque estaba desfrutando do seu soño.
Con certeza que o luns, cando chegase á cidade, lles contaría ós seus amigos a lenda do souto da pereira e a magnífica fin de semana que pasou a carón do avó.
Laura Méndez Linares, de 3ª ESO B
Álvaro Méndez Linares, de 1º ESO D


MÁSCARA


Escondida sempre, tras un sorriso
agochando o que realmente sinto.
Disimulando, gardando aparencias,
sen querer molestar cos meus problemas.

Neste teatro, encóntrome actuando,
sufrindo en lugar de disfrutando.
Como un mentirán, só ensino unha cara,
mentres agocho a outra tras a máscara.

A vida ensinoume a ter que ocultarme,
poucas persoas logran coñecerme.
Finxo ante todos, total inocencia,
cubrindo toda a miña intelixencia.

Cargando desde sempre este disfrace,
cústame moito, imposible ocultarme.
Disfrazándome coma no carnaval,
esperando que un día chegue o final.

Sinto como pesa, lévame dentro.
Cando rematará este sentimento?
Medo da opinión, da cruel sociedade,
quero sorrir e que sexa de verdade.

Paula Dorado Vázquez, 3º ESO B


BOLBORETAS
Bolboretas, moitas cores teñen; bolboretas, van e veñen.
Bolboretas, que alegres; bolboretas, excelentes.
Bolboretas, que por elas nos deixamos levar; bolboretas, que logo nos van cansar.
Bolboretas, que alegres; bolboretas, excelentes.
Bolboretas, que enchen campos; bolboretas, que van trouleando.
Bolboretas, que alegres; bolboretas, excelentes.

Diana Penelas Trabada, 1º ESO A





No hay comentarios:

Publicar un comentario