MATEMÁTICAS PARA TODOS

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2014.
Este curso dedicamos unha especial atención ás matemáticas pero, non te asustes, só ás matemáticas divertidas. 
Visita a nosa EXPOSICIÓN  sobre xogos matemáticos na Biblioteca. Non falta detalle: os gardapanos teñen citas e adiviñas matemáticas, que podes levar.




Non tes idea das matemáticas que se poden aprender xogando. Algúns destes xogos son  moi coñecidos e antigos outros máis modernos, pero todos eles moi divertidos. Melloran as capacidades intelectuais e a creatividade e constitúen unha actividade ideal para momentos de descanso ou reunións con amigos.
Queres ser un rapaz ou unha rapaza "guay"? Toma nota dalgún destes xogos.


Tamén temos mesas de xogo como estas, para os alumnos de 1º da eso. Estades preparados?





VISITA GUIADA E XOGOS PARA TODOS!




No hay comentarios:

Publicar un comentario